Benvidos a Auga de Galicia

O CLÚSTER DO AUGA MINERAL E TERMAL DE GALICIA

Galicia é unha das rexións europeas con maior riqueza en augas minerais e termais e, en consecuencia, con maior tradición no seu uso como augas de bebida envasada e en balnearios. Este feito, unido á repercusión social e económica que nas últimas décadas están a ter as augas minerais e termais posibilitan que Galicia sexa considerada como a "TERRA DA AUGA".

Actualmente, o número de mananciais existentes en Galicia é superior a 300 (hai máis de 2.000 en España), o que deu lugar a unha industria moi activa vinculada á explotación de augas minerais, con 10 plantas de envasado de auga mineral natural (100 en España) e 21 balnearios (115 en España). Unha particularidade destas industrias é que están a crear riqueza en zonas do interior de Galicia (na súa maior parte zonas rurais con tendencias similares: despoboación, baixa renda per cápita e presenza dunha estrutura produtiva con predominio do sector primario...), xa que, polas características do recurso, non poden deslocalizarse e deben instalarse nos mesmos lugares de captación do acuífero.

Sobre a base deste potencial constituíuse no ano 2011 o Clúster do Auga Mineral e Termal de Galicia, impulsado pola Asociación Galega da Propiedade Balnearios (Balnearios de Galicia) e pola Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural (AGAMIN), e que contou co apoio da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

O Clúster do Auga Mineral e Termal de Galicia é unha asociación sen ánimo de lucro, constituída baixo a filosofía dos clúster de actividades empresariais, e que ten por obxectivo lograr a unión, cooperación, integración e apoio do conglomerado de empresas e axentes relacionados coas actividades empresariais nucleares ligadas ao recurso auga mineral e termal que actúan no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.


 

 

 

Descarga nuestra App

App Android App iPhone

Acuíferos de Galicia

Envasadoras

Localizaciones de manantiales
de Perímetros de Protección

O seu navegador non é compatible con Google Maps
  • Galicia presentarase en Fitur como un destino acolledor e con propostas novidosas e sustentables

    XUNTA DE GALICIA

    12/01/2018

    A directora de Turismo, Nava Castro, presentou hoxe a programación que Galicia levará a 38ª edición de Fitur, Feira Internacional do Turismo que se celebra en Madrid. A Comunidade mostrarase ante milleiros de visitantes como un destino acolledor e con propostas novidosas e sustentables para todo o territorio.

     

    Como sinalou Nava Castro, os novos produtos deseñados desde a Xunta de Galicia que se presentarán en Fitur afondan na aposta por un turismo diferenciado e de calidade, feito con imaxinación e para gozar sen présas. Trátase dunha ampla oferta, tanto de interior como de costa, sustentable e respectuosa

    +
  • Preséntase unha campaña para fomentar as boas prácticas e a transparencia coa agua que se serve nos restaurantes

    Atlántico Diario

    27/09/2017

    A Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural (AGAMIN) está a participar en Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, que esta semana se está a desenvolver en Expourense.
    No marco da feira, a Asociación presentará mañá venres a campaña da ANEABE, a Asociación Nacional de Empresas de Aguas de Bebida Envasadas. Baixo o lema “Claros con el agua”, esta campaña fomenta as boas prácticas e a transparencia coa auga que se sirve en hostalería. “Trátase de distinguir entre a auga da billa filtrada embotellada e a auga mineral na

    +
  • Os balnearios galegos presentan a súa oferta ás axencias de viaxes e turoperadores esta semana en Termatalia.

    Prensa

    27/09/2017

    A Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural (AGAMIN) está a participar en Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, que esta semana se está a desenvolver en Expourense.
    No marco da feira, a Asociación presentará mañá venres a campaña da ANEABE, a Asociación Nacional de Empresas de Aguas de Bebida Envasadas. Baixo o lema “Claros con el agua”, esta campaña fomenta as boas prácticas e a transparencia coa auga que se sirve en hostalería. “Trátase de distinguir entre a auga da billa filtrada embotellada e a auga mineral na

    +

Ver más Noticias

Lexislación

  • Directiva 2009/54/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2009, sobre explotación e comercialización de augas minerais naturais

    Directiva 2009/54/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2009, sobre explotación e comercialización de augas minerais naturais

    +
  • Real Decreto Lei do 25 de abril de 1928 polo que se aproba o Estatuto da Explotación de mananciais de augas mineiro-medicinais

    Real Decreto Lei do 25 de abril de 1928 polo que se aproba o Estatuto da Explotación de mananciais de augas mineiro-medicinais

    +
  • Lei 22/1973, de 21 de xullo, de minas

    Lei 22/1973, de 21 de xullo, de minas

    +
  • Real Decreto 1798/2010, de 30 de decembre, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano

    Real Decreto 1798/2010, de 30 de decembre, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano

    +
  • Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia

    Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia

    +
  • Decreto 400/1996, do 31 de outubro, polo que crea o Portelo Único para establecementos balnearios e explotacións de augas minerais, termais e de manancial

    Decreto 400/1996, do 31 de outubro, polo que crea o Portelo Único para establecementos balnearios e explotacións de augas minerais, termais e de manancial

    +
  • Decreto 401/1996, do 31 de outubro polo que se crea a Comisión Coordinadora de axudas a establecementos balnearios e explotacións de augas minerais, termais e de manancial, e se regula a súa composición e funcións

    Decreto 401/1996, do 31 de outubro polo que se crea a Comisión Coordinadora de axudas a establecementos balnearios e explotacións de augas minerais, termais e de manancial, e se regula a súa composición e funcións

    +
  • Orde do 5 de novembro de 1996 pola que se regula a autorización sanitaria dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia

    Orde do 5 de novembro de 1996 pola que se regula a autorización sanitaria dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia

    +
  • Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia

    Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia

    +
  • Decreto 116/2001, do 10 de maio, polo que se modifica o Decreto 402/1996 ...

    Decreto 116/2001, do 10 de maio, polo que se modifica o Decreto 402/1996 ...

    +
  • Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia

    Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia

    +
  • Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios

    Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios

    +

C. Ramón cabanillas,
15704, Santiago de Compostela.

+34 981 598 221

info@augade galicia.com

Descarga nuestra App

App Android App iPhone