Aguas de Cabreiroá

O seu navegador non é compatible con Google Maps

Historia:

Os habitantes da zona de Verín, descubriron as propiedades do auga de Cabreiroá a finais do século XIX, utilizándoas fundamentalmente para remediar problemas dixestivos.

D. José Manuel García Barbón constatou cientificamente as propiedades de tales augas e realizou obras de acceso á fonte e terreos lindantes. Ante o incremento de agüistas, optouse en 1906 pola creación dunha planta de envasado, iniciándose en 1907 as obras do hotel-balneario, que funcionou con éxito ata 1936. Co tempo, a actividade envasadora foi adquirindo unha maior importancia, investíndose nos últimos anos máis de 12 millóns de euros para incorporar ás instalacións a tecnoloxía mais avanzada do mercado, mantendo un extremado control e coidado do manancial e o seu ámbito, para garantir unhas excelentes condicións da auga e de todas as súas propiedades.

Características e indicacións:

Rica en sílice e de mineralización débil facilita o proceso dixestivo, axúdate a eliminar toxinas, equilibra o teu sistema nervioso central, beneficia a actividade cerebral e encárgase de almacenar nitróxeno. Unha das principais características deste auga, é que emanan con certo grao carbónico que a empresa segue mantendo e embotellando baixo o nome de Magma de Cabreiroá.

Dirección
Camiño do Pato
32600, Verín - Ourense
Teléfono
988 590 015
Correo electrónico
info@aguasdecabreiroa.com
Titular Aguas de Cabreiroá, S.A.
Recurso:  Auga Mineral Natural
Superficie:  240.0146 ha