Balneario de Compostela

O seu navegador non é compatible con Google Maps

Historia:

As orixes do Balneario da Nosa Señora dos Anxeles, tamén coñecido como "Burga ou Balneario do Tremo", remóntanse probablemente á época de ocupación romana xa que por esas terras pasaba a "Vía Cessum" non obstante a primeira vez que aparecen citas históricas sobre este lugar datan de 1813.

Declarada de utilidade pública mineiro - medicinal en 1928.
Sábese que foi un lugar moi concorrido ata a Guerra Civil, data na que sufriu un declive deixando de funcionar oficialmente en 1967, non obstante hai constancia de que veciños da zona seguiron abastecéndose das augas deste manancial ao que acudían con botellas e outros recipientes.

Características e indicacións:

Hotel Balneario 3*** SUP. 54 habitacións.

Características da auga: Augas sulfurosas frías a 17º C, bicarbonatadas sódicas, silicatadas e fluoradas. Recomendadas para problemas da pel (dermatitis,eccemas, soriasis, úlceras), alteracións respiratorias ( sinusite, rinite, bronquite, enfisemas e asma), afeccións reumáticas e así mesmo para combater o estres.

Dirección
Rúa de Vicente Ramos 7
15280, Brión - A Coruña
Teléfono
981 559 000
Correo electrónico
hotel@hbcompostela.com
Titular Balneario do Tremo, S.L.
Recurso:  Auga Mineiro-Medicinal
Superficie:  1889.1510 ha