Termas de Cuntis

O seu navegador non é compatible con Google Maps

Historia:

O territorio está enchido de restos doutras épocas, destacando os gravados rupestres da Idade de Bronce. Castrolandín é un museo excepcional ao aire libre dun poboado fortificado da Idade de Ferro. Grazas á súa excelente situación, en plena bisbarra do Ulla-Umia, dende Cuntis o viaxeiro poderá achegarse nuns minutos ás praias das Rías Baixas, admirar a monumentalidade de Santiago ou Pontevedra, ou percorrer a cidade de Vigo.

O uso dos mananciais de augas termais de Cuntis remóntase á época romana, sendo un dos balnearios con maior tradición de Galicia. Actualmente Termas de Cuntis converteuse nun dos maiores complexos dedicados á balneoterapia en España.

Características e indicacións:

Hotel La Virgen **** Q 84 habitacións.
Hotel Castro del Balneario **** Q 18 habitacións.

O complexo de Termas de Cuntis consta de dous hoteis. Tanto o edificio do balneario coma os dos hoteis encóntranse rodeados por parques privados cunha extensión de aproximadamente 50.000 m2 que discorren a beiras do río Gallo, que atravesa a poboación.

Dispón de augas sulfuradas, sódicas, fluoradas, silicatadas e litínicas. Emanan a unha temperatura de entre 17 e 64º C. Están indicadas para afeccións reumatolóxicas, aparato respiratorio, dermatoloxía, circulación, relax e beleza.

Dirección
Praza de Galicia 10
36670, Cuntis - Pontevedra
Teléfono
986 532 525
Correo electrónico
termas@termasdecuntis.com
Titular Termas de Cuntis, S.L.
Recurso:  Auga Mineiro-medicinal
Superficie:  783.1250 ha