Balneario Baños da Brea

O seu navegador non é compatible con Google Maps

Historia:

Situado no municipio pontevedrés de Vila de Cruces, conta con diversos sitios de interese cultural, tales como "Casa do Ferreiro", a casa natal do escritor Xosé Neira Vilas e a fervenza do Río Toxa, a máis alta de Galicia con 60 metros de caída.

Características e indicacións:
Hotel Balneario** 44 habitacións.

O hotel dispón de cafetaría con carta snack, restaurante onde gozar da tradicional gastronomía galega, salón social, wifi en zonas comúns e zona termal con piscina activa composta de colos de cisne e choros jets ademais de flebotónico, baño turco, xacuzzi, ducha circular, bañeiras de auga mineromedicinal, paralamas, masaxes corporais, estetica facial e corporal.
Ofrece augas sulfuradas, bicarbonatadas, alcalinas e cloruradas sódicas.
Emanan a unha temperatura de 28º C.
Están indicadas para procesos reumatolóxicos, afeccións do aparato respiratorio e da pel.
Son apropiadas para combater o estres e a fatiga física e psíquica.

Dirección
Lugar Paradela 4
36583, Pontevedra
Teléfono
986 583 614
Correo electrónico
correo@balneariodebrea.com
Titular Os Baños da Brea, S.L.
Recurso:  Auga Mineiro-medicinal
Superficie:  212.6250 ha