Hotel Balneario Hesperia Isla de La Toja

O seu navegador non é compatible con Google Maps

Historia: 

A Illa da Toxa, situada na Ría de Arousa, encóntrase unida por unha ponte centenaria ao pobo do Grove (paraíso do marisco) e moi preto da praia de La Lanzada, de 4 km. de lonxitude. Na illa, pódense visitar a Capela Da nosa Señora do Carme (Capela das Cunchas) e a Ponte da Toxa de principios do s. XX.
O Hotel Hesperia Isla de La Toja é un hotel balneario innovador, inaugurado en 2001, con todas as vantaxes da tradición balnearia de AToxa nun ámbito de modernidade.

Características e indicacións: 

Hotel Balneario****104 habitacións.
Este balneario ofrece un marco idóneo tanto para a celebración de eventos, xa que dispón dun centro de congresos e convencións, como para relaxarse e practicar deporte. Entre os diversos servizos ofertados, os hóspedes poderán gozar dun fitness club, 3 pistas de tenis, 2 de paddle, un club termal e as instalacións propias do balneario.
Ofrece augas cloruro - sódicas, bromuradas, ferruxinosas, fluoradas e litínicas, ricas en calcio, potasio e magnesio. Son augas hipertermais pola súa temperatura, que oscila entre os 20 e 60º C. Están indicadas para terapias dermatolóxicas, reumatismo, rehabilitación e recuperación muscular, aparato respiratorio e estrés.

 

 

 

Dirección
Paseo do Mar
36991, O Grove - Pontevedra
Teléfono
986 730 050
Titular Hotelera Noroeste, S.A.
Recurso:  Auga Mineiro-medicinal
Superficie:  177.6799 ha