Balneario de Caldelas de Tui

O seu navegador non é compatible con Google Maps

Historia:

Este Balneario está encravado na parroquia de San Martín de Caldelas, a beiras do Miño, que marca a fronteira natural con Portugal. Tui atópase a 9 Km. e resulta visita inexcusada para admirar o conxunto histórico-artístico coa súa Catedral así como o parque natural do monte Aloia. A 27 km está A Guarda co Monte SantaTecla e as súas impresionantes vistas do esteiro do Miño. Baiona, Vigo así como todas as Rías Baixas son zonas da súa área de influencia o mesmo que toda a zona norte de Portugal. Ademais o territorio representa unha etapa clave para os peregrinos que percorren o Camiño Portugués cara a Compostela.

O edificio principal do balneario data de 1886 e consta de tres plantas construídas por completo en pedra de costa. Alberga coquetos salóns, con espellos venecianos e lámpadas da época, que respectan a amplitude orixinal cos que foron deseñados. Nun edificio anexo de pouco máis de dez anos están situados os cuartos, que se abren aos viñedos así como os hortos de cana e millo ás beiras do río.

Características e indicacións:

Hotel Balneario** 27 habitacións.

O hotel conta con servizo de cafetaría, aparcadoiro, parque infantil e amplos xardíns.
Ofrece augas cloruradas - sódicas, sulfídrido - nitroxenadas e radioactivas, a unha temperatura de 47º C, 50º C e 56º C en surxencia. Están indicadas para terapias do aparato respiratorio, reumatismos e traumatoloxía, da pel, úlceras varicosas e terapias pediátricas.

Nos últimos anos últimos anos asentouse e creceu de forma notable a afluencia de nenos que acoden por problemas respiratorios, de oído e dermatolóxicos.

Dirección
Rúa Baños 65B
36729, Os Baños - Pontevedra
Teléfono
986 629 049
Correo electrónico
info@balneariodecaldelas.com
Titular Balneario de Caldelas, S.L.
Recurso:  Auga Mineiro-medicinal
Superficie:  3417.2620 ha