Balneario Dávila

O seu navegador non é compatible con Google Maps

Historia:

Caldas de Reis está ao norte da provincia de Pontevedra e é a porta de entrada ao val do Salnés e ás Rías Baixas. A bisbarra é tamén lugar de paso dos peregrinos que se dirixen a Compostela polo Camiño Portugués. A auga é o elemento vertebrador deste municipio, capital da bisbarra Ulla-Umia. Ademais de ser unha vila termal, Caldas está bañada polos ríos Umia e Bermaña, que corren entre fervenzas, pontes e praias fluviais. A auga dá vida tamén a unha morea de xardíns, que permiten realizar longos paseos por todo o centro urbano.
Fundado por D. Joaquín Davila en 1.780, esta é xa a sexta xeración da mesma familia que se ocupa deste balneario, levantado sobre unha fonte na que xa se somerxían probablemente os celtas, polo que a vocación por conservar todo o conservable se palpa en cada canto.

Características e indicacións:

Hotel Balneario**27 habitacións.

O hotel balneario sitúase no casco histórico de Caldas, en pleno Camiño de Santiago, entre a fonte de auga termal e o río Umia. O fogón, que segue acendéndose en inverno, invita a recollerse, a ler ou a charlar mentres do outro lado das cristaleiras do salón asoman as copas do incrible canaval que plantou a principios do XX un antepasado que viaxou ás Filipinas.
Ofrece augas clorurar- sódicas, radiactivas, sulfurosas e nitroxenadas. Emanan a unha temperatura de 48º C.
Están indicadas para terapias do aparato respiratorio, reumatoloxía, pel e relaxación.

 

 

Dirección
Avenida Pedro Mateo Sagasta 3
36650, Caldas de Reis - Pontevedra
Teléfono
986 540 012
Titular Balneario Hotel Dávila, S.L.
Recurso:  Auga Mineiro-medicinal
Superficie:  365.7997 ha