Balneario Baños de Molgas

O seu navegador non é compatible con Google Maps

Historia:

A Vila de Baños de Molgas, situada no val de "O Medo" e bañada por tres ríos (Arnoia, Tioira e Sor) é unha das entradas á Ribeira Sacra. Cabe destacar o seu arboredo, os paseos nas marxes do río, a área de piscinas, etc. no ámbito próximo ao balneario. Todo iso enmarcado nun ambiente de carácter rural. Destaca a súa ponte romana dun só arco, os petróglifos e pequenas cazoletas pertencentes á arte rupestre, o Santuario Da nosa Señora dos Milagres (século XVII) e a capela prerrománica de Sta. Eufemia de Ambía (f. s. IX).

Características e indicacións:

Hotel Balneario* 28 habitacións.
Ofrece augas radioactivas, bicarbonatadas, sódicas, silicatadas e oligometálicas. Emanan a unha temperatura de 49ºC.
Indícanse para o tratamento do reuma, traumatoloxía, artrite, litise, hiperuricemas, sistema nervioso, pel, asma, bronquite crónica, sinusite, farinxite e estres.

Dirección
Rúa Samuel González Movilla 26
32701, Baños de Molgas - Ourense
Teléfono
988 430 246
Correo electrónico
balneariomolgas@hotmail.com
Titular Balneario de Baños de Molgas, S.L.
Recurso:  Auga Mineiro-Medicinal
Superficie:  1123.2395 ha