Balneario Acuña

O seu navegador non é compatible con Google Maps

Historia:

Caldas de Reis está ao norte da provincia de Pontevedra e é a porta de entrada ao val do Salnés e ás Rías Baixas. A bisbarra é tamén lugar de paso dos peregrinos que se dirixen a Compostela polo Camiño Portugués. A auga é o elemento vertebrador deste municipio, capital da bisbarra Ulla-Umia. Ademais de ser unha vila termal, Caldas está bañada polos ríos Umia e Bermaña, que corren entre fervenzas, pontes e praias fluviais. A auga dá vida tamén a unha morea de xardíns, que permiten realizar longos paseos por todo o centro urbano.
Situado xunto á canle do río Umia, o Balneario Acuña é un establecemento histórico, que destaca pola súa arquitectura con amplos miradoiros. Tras unha gran reforma no ano 2007, créase unha nova galería termal coas técnicas máis modernas.

Características e indicacións:

Hotel Balneario** 64 habitacións.

O hotel dispón de salóns sociais, comedor e piscina termal.
Ofrece augas cloruro fluoradas, silicatadas e bicarbonatadas, nitroxenado termais e sulfurosas, sódico - líticas e radiactivas. Emanan a unha temperatura de 42º C. Están indicadas para afeccións das vías respiratorias, reumatismos, afeccións psiconerviosas e estres.

Dirección
Rúa Ferreria 2
36650, Caldas de Reis - Pontevedra
Teléfono
986 540 010
Correo electrónico
reservas@relaistermal.com
Titular Tres Mares, S.A.
Recurso:  Auga Mineiro-Medicinal
Superficie:  365.9972 ha