Arnoia Caldaria Hotel Balneario

O seu navegador non é compatible con Google Maps

Historia:

Situada en pleno corazón do Ribeiro, xunto aos ríos Miño e Arnoia. Un percorrido por o territorio permitirá remontarse ao pasado. Dende a época dos castros, gozando de asentamentos como " A Cibdade" e "O Catro" contemplando as pegadas deixadas polos romanos, ata o avoengo das casas señoriais propiedade noutros tempos da Inquisición.


Características e indicacións:

Hotel Balneario*** Q 50 habitacións.

Características da auga: Dispón de augas sulfurado - sódicas, bicarbonatadas e magnésicas. Emanan a unha temperatura de 22ºC. Están indicadas en tratamentos da reuma e para afeccións da pel. Axudan a combater o estres e teñen aplicacións en coidados estéticos.

Dirección
Villa termal 1
32417, Arnoia - Ourense
Teléfono
988 492 990
Correo electrónico
reservas@caldaria.es
Titular Caldaria Termal, S.L.U.
Recurso:  Auga Mineiro-Medicinal
Superficie:  1256.8592 ha